Feijóo xa se ve cunha nova maioría absoluta que adica a Albor, Fraga, Aznar e Rajoy

"Esta campaña imos demostrar que volveremos conseguir unha cuarta maioría absoluta e sen deixar de coidar aos galegos", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2020 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, chamou aos seus a traballar sen confiarse ante os bos resultados que lles anticipan as enquisas, pero ao tempo xa se ve gañando a súa cuarta maioría absoluta para "non defraudar" aos falecidos mandatarios autonómicos Gerardo Fernández Albor e Manuel Fraga, e aos expresidentes estatais José María Aznar e Mariano Rajoy.

"Espero e desexo que non defraudemos a ninguén", proclamou o candidato popular, quen previamente advertira aos seus que "os que se confían non conseguen a maioría absoluta". Así o proclamou nun contexto no que as enquisas publicadas apuntan cara a unha nova vitoria electoral do de Os Peares.

"Pois agora que todo parece indicar que teremos a maioría absoluta, como non pidamos o voto, con que non pateemos as aldeas e municipios, se non temos fame de volver gañar para servir, se non sentimos o impulso para gañar con convicción e determinación, non o conseguiremos", advertiu Feijóo.

O líder do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o presidente do PP, Pablo Casado, durante a presentación de candidaturas do Partido Popular en Galicia para os comicios galegos do 12 de xullo, en Santiago de Compostela, a 21 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O líder do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o presidente do PP, Pablo Casado, durante a presentación de candidaturas do Partido Popular en Galicia para os comicios galegos do 12 de xullo, en Santiago de Compostela, a 21 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

"Esta campaña imos demostrar que volveremos conseguir unha cuarta maioría absoluta e sen deixar de coidar aos galegos. Pongámonos a traballar como sempre fixemos", retou, antes de subliñar que os galegos, ás veces, poden parecer "desconfiados", pero esa desconfianza é "síntoma de intelixencia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fra-casado 2

Non hai máis cego que quen non quere ver