Segundo patinete eléctrico que se incendia en menos dunha semana

O último caso tivo lugar en Narón, cando o patinete estaba sendo cargado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Un patinete eléctrico que comezou a arder cando estaba enchufado á corrente eléctrica provocou este domingo unha intensa fumareda nunha vivenda da parroquia de Xubia, en Narón (A Coruña), informou o 112. É o segundo vehículo destas características que se incendia en menos dunha semana.

Cara ás 15,30 horas uno dos residentes do inmoble chamou ao 112 para informar do ocorrido e dicir que, aínda que as chamas estaban xa apagadas, había moito fume na casa e necesitaban axuda dos medios de extinción para descartar perigos.

O 112 Galicia comunicou a situación aos bombeiros de Narón e a axentes da Policía Local. Unha vez realizadas as comprobacións necesarias, o equipo de extinción ventiló a vivenda.

Patinetes eléctricos estacionados. ARQUIVO
Patinetes eléctricos estacionados. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta