Pontón pide "unha mobilización masiva" para que Galicia teña un Goberno "que se faga valer"

"Temos un proxecto solvente, de futuro, porque non imos fallar e porque somos a mellor alternativa para desaloxar ao PP", di.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2020 | Actualizada ás 22:09

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta, Ana Pontón, pediu nun acto desde A Estrada unha "gran mobilización" de toda a comarca do Deza o 12 de xullo para "pasar páxina da década de decadencia e inmobilismo" do PPdeG e "abrir un tempo novo cun Goberno liderado polo BNG que se faga valer, e que teña como único obxectivo a defensa do país e deste pobo".

Tras remarcar que "a enquisa que conta é a das urnas", Pontón manifestou a súa convicción de que os datos reflicten que "hai partido" e que o BNG "sae a por todas para gañalo". "O 12 de xullo Galicia pode facer historia dando paso a un goberno de país que teña á fronte, por primeira vez, a unha muller nacionalista", proclamou.

Ao tempo, fixo un chamamento "a todas as persoas que queren un cambio real" a "sumarse" á onda do cambio "da man do BNG". "Temos un proxecto solvente, de futuro, porque non imos fallar e porque somos a mellor alternativa para desaloxar ao PP e, con el, as súas políticas de recortes, privatizacións e destrución do tecido industrial", apostilou.

Nesta liña, trasladou a todos aqueles que queiran "deixar atrás unha Galicia decadente, en branco e negro, para empezar a construír unha Galicia en cor, viva e con futuro" que "a súa aposta é o BNG". "Non lles imos a fallar, que se mobilicen de forma masiva para conseguilo", apelou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este 19 de maio, tras convocarse as eleccións autonómicas para o 12 de xullo. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este 19 de maio, tras convocarse as eleccións autonómicas para o 12 de xullo. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Catro Anos Mais

Pide unha "mobilización masiva" para quedar por diante do psoe o seguir mantendo o chiringuito, que é o único que aspiran.

1 José

Pero cómo é iso de primeiro protestar por unha convocatória de eleccións irresponsable co virus por aí circulando e agora pedir unha "mobilización masiva"?