Jácome volverá a confiar nas aguias para botar ós estorniños de Ourense: " é a guerra"

O alcalde, que xa recorrera á polémica medida o outono pasado, declarou que este ano "ímolos a expulsar xa".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/06/2020 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, volverá a sacar as aguias 'Harris' para expulsar ós estorniños que sobrevoan pola cidade. O consistorio de Democracia Ourensana xa fixera uso da polémica medida en outono do ano pasado, chegando a reducir a poboación da ave nun 90%, segundo informaron dende o Concello.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.. EUROPA PRESS - Arquivo

"O ano pasado expulsámolos cando chegamos á Alcaldía, alá polo mes de outubro", apuntou o alcalde nun comunicado de prensa. O regreso das aves á cidade será contestado con firmeza polo Concello, que pretende "expulsalos xa", en palabras de Jácome. "É a guerra", apuntou.

"Ourense é unha cidade hostil para o estorniños", abundou o alcalde ourensano, que fixo da fuxida das aves e o seu peculiar chío un dos puntos fortes do seu programa á fronte do consistorio. Jácome, que accedeu ó consistorio tras un pacto con Baltar e o PP logo de dirixirlles fortes críticas durante anos, tamén formulou a construcción dun rañaceos de 300 metros -que sería o máis alto do estado- e un parque acuático con augas termais.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Os estorniños son peligrosísimos. Unhas feras salvaxes. Cada vez que Jácome abre a boca, é para que ninguén duvide do intelixente que é. Jácome é absoluta, totalmente incapaz de decir algo que non sexan simplezas.