O TSXG acusa ao alcalde de Monterrei por permitir que un concelleiro alugara vehículos vellos coma se foran novos

O secretario-interventor estaba acusado dun delito de incompatibilidade que o alcalde non elevou á facenda valéndose un decreto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de emitir unha sentencia que obriga ó alcalde popular de Monterrei, José Luis Suárez, a facer o que non fixo en 2018: dar parte dunha denuncia da oposición contra un cargo da súa corporación ó Ministerio de Facenda.

Fachada do Concello de Monterrey
Fachada do Concello de Monterrey | Fonte: wikipedia

Segundo recolle a sentencia, os feitos comezaron cando na citada data o secretario-interventor do consistorio ourensán foi acusado de incompatibilidade por "alugar vehículos de máis de 20 anos de antigüidade como se foran novos a unha empresa da súa propiedade", segundo explica Veciños de Monterrei, principal partido da oposición.

O TSXG considera que, ante esta demanda, Suárez debería ter dado parte ó Ministerio de Facenda para que este desenvolvese a investigación pertinente. O alcalde, porén, tan só fixo chegar a denuncia ó denunciado. Logo de que este manifestase a súa inocencia, o xefe do consistorio ourensán emitiu un decreto mediante o cal daba "carpetazo", segundo o TSXG, á denuncia, un feito que resultou amplamente criticado pola oposición. "Non pode dicir que non pasou nada en base exclusivamente ó que dixo o acusado", apuntaron.

A sentencia do órgano de xustiza obriga agora ó alcalde a dar parte dunha denuncia que foi silenciada. O TSXG, neste aspecto, considera unha falta "grave" o abandono da denuncia, e reitera que o xefe do consistorio carecía de competencias para tal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta