Concellos piden "medios" para evitar "masificacións" coa chegada de turistas

"Estásenos pedindo un esforzo moi importante e cos medios que temos non é posible facelo de forma eficiente", aseguran dende a Fegamp.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/06/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Alberto Varela, relegou o papel dos concellos, ante a posible afluencia de turistas co fin do estado de alarma e a chegada da 'nova normalidade', aos "controis" para tratar de evitar "masificacións" e que se cumpran "os aforamentos".

"Aínda que se detectase gran afluencia de turistas, non van poder facer nada", sinala sobre o papel dos municipios e en contraposición á situación rexistrada en Semana Santa, onde si houbo algúns concellos que trasladaron á Fegamp a súa "preocupación pola chegada de turistas á Comunidade", lembra sobre un momento no que estaban fixadas as restricións de mobilidade.

Agora, no actual contexto, afirma que é pronto para saber "se haberá un tránsito como outros veráns". "Vai haber que esperar aos próximos días", recoñece ao ser preguntado se xa se detectou a chegada de turistas.

No entanto, ante o papel de "control" que están a asumir os concellos debido ás restricións impostas pola crise da COVID-19 e as normas aprobadas a este respecto, fai un chamamento ao resto de administracións e, en particular á Xunta, para que se lles faciliten "fondos" e "medios", entre os que cita a posibilidade de contratar máis persoal.

"ESCOITAR" OS CONCELLOS

Tamén defende que antes de tomar decisións que "afectan" os concellos sería "máis eficiente" que se escoitase a opinión dos mesmos para determinar se teñen capacidade para "xestionalos ou non".

"Estásenos pedindo un esforzo moi importante e cos medios que temos non é posible facelo de forma eficiente", insiste apelando á axuda doutras administracións para asumir cuestións, como a esixencia do cumprimento de medidas sanitarias, que exceden, segundo incide, as súas competencias.

Turistas en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS / ELISA PIÑÓN - Arquivo / Europa Press
Turistas en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS / ELISA PIÑÓN - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta