A Deputación da Coruña impulsará a promoción turística dos distintos xeodestinos

"A aposta pola calidade e seguridade, ademais do turismo de proximidade e o avance na dixitalización, son algúns dos eixos do novo horizonte do sector", sinala.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/06/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A área de Turismo da Deputación da Coruña impulsará a promoción turística dos distintos xeodestinos, segundo informa tras unha reunión con rerpesentantes dos entes de xestión supramunicipal para poñer en común novas estratexias.

A este respecto, avanza que "a aposta pola calidade e seguridade, ademais do turismo de proximidade e o avance na dixitalización, son algúns dos eixos do novo horizonte do sector".

Nunha reunión na que participaron o vicepresidente e responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, xunto con persoal técnico da institución e representantes dos entes de xestión da provincia, analizáronse as novas estratexias que se foron adoptando por mor da aparición da COVID-19.

"Traballar man a man cos entes de xestión para a promoción dos distintos xeodestinos é un dos principais obxectivos da área de Turismo da Deputación da Coruña", sinala o deputado Xosé Regueira.

A Deputación da Coruña organiza un foro sobre turismo no contexto da COVID-19. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña organiza un foro sobre turismo no contexto da COVID-19. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta