O filme 'María Solinha' arrasa no autocine de Verín

Aforo completo este pasado domingo para ver o filme de Ignacio Vilar no 'aparcamento centro'. En total foron 120 coches os que gozaron desta experiencia inédita na vila.

Por X.M. Fernández | Verín | 25/06/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Antes da proxección tivo lugar a gala de presentación da película na que participaron: o seu director, Ignacio Vilar, as actrices protagonistas, Grial Montes e Laura Miguez, Xoán Mariño, xerente da empresa responsable de xestionar o Autocine, Gerardo Seoane e Diego Lourenzo, alcalde e tenente de alcalde do Concello de Verín, e Roberto Verino, en representación da adega Gargalo. Nesta adega estiveron horas antes os protagonistas devanditos, xunto co alcalde e o anfitrión Roberto Verino, para coñecer as instalacións e escenificar o seu compromiso co sector do viño.

Acto previo á proxección. Foto: G.S.
Acto previo á proxección. Foto: G.S.

Éxito de acollida e do servizo de menús autocine ofrecido polos hostaleiros locais, en colaboración con Rumbo, servizo de mensaxería de creación local que pechaba o súa primeira sesión cun total de 56 menús servidos durante a proxección da película.  

Segundo sinalou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, "estamos máis que satisfeitos coa excelente acollida desta proxección piloto, agora teremos que analizar a viabilidade do proxecto para ver se podemos crear unha programación estable".

A recadación desta sesión destinarase integramente para fins solidarios, concretamente para as actividades de apoio que a asociación Portas Abertas vén realizando cos máis desfavorecidos pola crise social e sanitaria provocada pola Covid19.

Vista do Autocine de Verín na proxección de 'María Solinha'. Foto: G.S.
Vista do Autocine de Verín na proxección de 'María Solinha'. Foto: G.S.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta