Correos abre este mércores festivo as súas oficinas en Galicia para axilizar os trámites do voto

O voto por correo pódese solicitar ata o 2 de xullo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Todas as oficinas de Correos en Galicia abrirán este mércores, día de San Xoán e festivo autonómico, para axilizar os trámites do voto por correspondencia con motivo das eleccións do próximo 12 de xullo.

En concreto, a atención ao público será de 9,00 a 14,30 horas. Os puntos de atención con horario reducido manterán o seu horario habitual durante esta xornada. Segundo informaron dende a entidade, a solicitude de voto poderase desenvolver de xeito presencial, nas oficinas postais, pero tamén de forma telemática a través da páxina web www.correos.es mediante firma electrónica.

Vehículo de Correos
Vehículo de Correos | Fonte: Europa Press

En ambas as modalidades, o prazo de solicitude esténdese ata o 2 de xullo. Unha vez conformada a solicitude o voto poderá ser despositado ata o venres 10 de xullo ás 14 horas.

GARANTÍAS SANITARIAS

Á marxe de abrir todas as súas oficinas en xornada festiva, Correos quixo manifestar o seu compromiso coa tarefa encomendada subliñando que os distintos trámites do proceso cumplirán todas as garantías sanitarias estipuladas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta