Un profesor galego leva a xuízo á Xunta porque o "obrigan" a empregar o idioma galego

O profesor do Conservatorio de Vigo, natural de Galicia, critica que a documentación oficial do centro teña que realizarse en galego. No xuízo recibiu o apoio da asociación 'Hablamos Español', presidida por Gloria Lago.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/06/2020 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Un profesor do Conservatorio Profesional de Música de Vigo levou a xuízo á Consellería de Educación logo de verse "obrigado" a empregar o galego nas comunicacións escritas do seu centro. O docente publicou recentemente un vídeo en redes no que fala dun "atropelo ós seus dereitos" que o levou a personarse contra as autoridades autonómicas.

Sala de vistas do Xulgado do Contencioso número 1 de Vigo durante o xuízo
Sala de vistas do Xulgado do Contencioso número 1 de Vigo durante o xuízo | Fonte: Europa Press

A traxectoria do caso arranca en maio de 2018, cando o profesor, nado en Galicia, é avisado de que que debe empregar a lingua galega para realizar as comunicacións escritas no seo do conservatorio. Ante esta circunstancia, o denunciante dirixiuse á Sede de Inspección de Pontevedra, que en xuño de 2019 volveu a incidir no que xa lle comunicaran as autoridades: que o galego debe ser empregado "con carácter xeral" na documentación da administración, de acordo cun decreto de 2010, e as comunicacións en castelán deben ser xustificadas e contar cunha tradución ó galego.

O docente, que nunha entrevista di "non ter ningún problema lingüístico" e mesmo ser galegofalante "dende neno" volveu a dirixirse en varias ocasións á administración para poder realizar a súa documentación institucional en castelán. Remarcou que, tamén en 2019, solicitou á Xefatura Territorial de Educación un documento para abordar a cuestión pero tan só recibiu un "escrito informal" que volvía a sinalar a obligatoriedade do galego conforme coa lei autonómica.

UNHA ASOCIACIÓN CONTRA A "IMPOSICIÓN" DO GALEGO

Nesta circunstancia, e logo de que Consellería de Educación respostase o mesmo que o resto de institucións, o profesor de Vigo decidiu levar á Consellería de Educación a xuízo para tentar obter unha resposta nos tribunais. Durante o trámite, visto para sentencia, lembrouse que o goberno galego considerou "inadmisible" o recurso do profesor por versar sobre un punto "non recurrible". Do mesmo xeito, apuntaron que o informe respostado dabo contestación suficiente á cuestión.

Durante o xuízo, o profesor contou co apoio da asociación Hablamos Español, que se define na súa páxina web como unha organización contra a "imposición" do resto de linguas do Estado, entre elas o galego. A asociación está presidida pola viguesa Gloria Lago, tamén voceira e líder de Galicia Bilingüe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Saviñou

Os que din que non teñen ningún problema co galego son sempre de Hablemos Español. Non teñen ningún problema en matalo... Hancha hes kastyya.

1 uu1

Muito interessante, aguardemos o que o juiz diz. Eu sou obrigado a utilizar o inglês, bem, mais bem é um requisito, sempre podo procurar outro trabalho. Este professor é bem libre de renunciar é procurar outro trabalho se não está de acordo com os requisitos. A esclavitude na Espanha aboliu-se no ano 1886.

1 nostrus

Constitucion española Artículo 3 1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el "deber de conocerla" y el "derecho a usarla".