Os casos de Coronavirus en residencias galegas mantéñense en cinco

Rexístraronse catros casos positivos entre usuarios e un positivo nun traballador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Os casos de COVID-19 en residencias de maiores de Galicia seguen en cinco este martes, ao non haber cambios nas últimas 24 horas, segundo os datos facilitados polas consellerías de Política Social e Sanidade.

En concreto, rexístranse catro casos positivos entre usuarios; tres deles na residencia Santa Teresa Jornet na Coruña e un en Caser A Zapateira en Culleredo.

A estes súmase un positivo dun traballador da residencia Santa Teresa Jornet da Coruña, segundo os datos facilitados este martes pola Xunta.

Desde o sábado 13 de xuño non hai casos positivos, nin de usuarios nin de traballadores, nos centros de atención a persoas con discapacidade da Comunidade galega.

Profesionais da atención primaria visitan usuarios de residencias de Xirona. ICS
Profesionais da atención primaria visitan usuarios de residencias de Xirona. ICS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta