Nove persoas do brote do Barbanza están en illamento, e 95 en corentena

O Sergas realizou 104 probas, das que nove deron positivo e 94, negativo. Queda por coñecerse un caso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) investigou a 104 persoas relacionadas co foco de COVID-19 detectado o pasado fin de semana na comarca coruñesa de Barbanza, que se mantén con nove positivos.

Así o ratificou este martes o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, quen explicou que se realizaron 104 PCR, das cales 94 foron negativas e unha está pendente "de coñecer o resultado". Campa indicou que as nove persoas con PCR positiva atópanse en illamento e seguimento domiciliario, mentres que as outras 95 investigadas permanecen en "corentena 14 días".

Preguntado se con estes casos se dá por controlado o foco, o xerente do Sergas destacou que deben seguir en "alerta" tras ser investigado un "volume moi importante" de contactos dunha "forma rápida". Así mesmo, incidiu en que o Sergas segue controlando "día a día" a situación das persoas que tiveron negativa a PCR, así como os pacientes con COVID detectados.

Por iso, puxo en valor o traballo da plataforma de vixilancia e control epidemiolóxica en Galicia, que detectou este fin de semana pasado a aparición de nove casos positivos de coronavirus con posible orixe nun caso importado de Brasil que chegou a Galicia a principios de xuño.

Unha persoa sométese a un test rápido de COVID-19. H.BILBAO - EUROPA PRESS
Unha persoa sométese a un test rápido de COVID-19. H.BILBAO - EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta