As vías autonómicas seguen sen recuperar o tráfico de hai un ano, con caídas de entre o 10% e 20%

A Xunta licita por 1,3 millóns o plan para o cómputo de vehículos durante tres anos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/06/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

As estradas de titularidade autonómica contan actualmente cun descenso do tráfico de entre o 10% e o 20%, nunha situación que tende á "normalidade" despois de rexistrar unha caída media do 60% en vías de alta capacidade durante o estado de alarma.

Na cuarta semana do estado de alarma polo coronavirus chegouse a un pico de diminución de circulación do 83% nestas vías dependentes da Xunta.

Diso informou este martes o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, en rolda de prensa coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que presentaron o contrato que sae a licitación --por 1,3 millóns de euros-- para medir a intensidade de vehículos o próximos tres anos, coa posibilidade de ampliación doutros dous anos máis ata 2 millóns.

Os interesados en optar a este contrato poden presentar ofertas ata o 28 de xullo. O obxectivo é que estea activo a partir do 1 de xaneiro de 2021.

Francisco Menéndez e Ethel Vázquez. CONCHI PAZ
Francisco Menéndez e Ethel Vázquez. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta