Temas: TREN ALVIA

Os Alvia entre Madrid e Galicia increméntanse a tres trens por sentido a partir deste venres

A oferta "ampliarase gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de demanda".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2020 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Renfe incrementa os servizos Alvia entre Madrid e Galicia a tres trens por sentido a partir deste venres, 26 de xuño. Segundo informa a compañía, esta oferta "ampliarase gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de demanda".

Un traballador sanitario termina de colocarse o seu traxe de protección xunto a un tren Alvia durante o simulacro realizado polo Ministerio de Sanidade na estación de Atocha de Madrid
Un traballador sanitario termina de colocarse o seu traxe de protección xunto a un tren Alvia durante o simulacro realizado polo Ministerio de Sanidade na estación de Atocha de Madrid | Fonte: Europa Press

Ata esta data dous trens, un en cada sentido, daba servizo ás cidades galegas. No caso de Lugo facíase con ligazón en Ourense. Desde o venres, Lugo recupera a súa conexión directa con Madrid en ambos os sentidos.

Desde o pasado luns, 22 de xuño, tamén comezaron a circular os dous servizos Alvia por sentido nos Alvia entre Cataluña e Galicia, e viceversa, que en días alternos chegan A Coruña e a Vigo con dúas frecuencias, unha por cada sentido.

Os trens de Media Distancia e Avant, comezaron a aumentar a súa oferta desde o pasado 15 de xuño, ao ser Galicia a primeira comunidade en abandonar o estado de alarma.

Temas: TREN ALVIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta