A área Sanitaria de Santiago comeza as PCR en 41 centros sociosanitarios

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza iniciou esta semana a segunda rolda de probas a todos os residentes e profesionais dos 41 centros sociosanitarios da súa zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza iniciou esta semana a segunda rolda de probas a todos os residentes e profesionais dos 41 centros sociosanitarios da súa zona.

Deste xeito, segundo informou nun comunicado de prensa, desde o pasado luns 22 de xuño e ata o xoves día 2 de xullo varios equipos de persoal de enfermaría desprazaranse aos centros de maiores e de persoas con discapacidade para realizar probas PCR a case 4.000 residentes e profesionais que desenvolvan o seu traballo nelas.

"Os residentes e usuarios destes centros atópanse en situación de vulnerabilidade ante a infección por coronavirus pois, ademais de ser de avanzada idade, adoitan presentar patoloxía de base ou comorbilidades, e conviven en espazos pechados, indicou a subdireectora de Calidade e Atención á Paciente da área compostelá, Beatriz Pais.

As mesmas fontes lembran que o pasado mes de abril realizouse o primeiro screening, no marco do que levaron a cabo 3.980 mostras, de entre as que se detectaron positivos "só en tres centros (dúas residencias de maiores e outra de persoas con discapacidade)", en referencia á San Lázaro DomusVi, José Otero Domus V e Amicos, onde "xa se sabía que existían casos e xa se adoptasen medidas", engadiron.

Do total de análises realizadas nos centros sociosanitarios, deron resultado positivo o dous por cento dos traballadores e o 3% dos residentes.

Mostra para facer un test de coronavirus
Mostra para facer un test de coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta