As oposicións de profesorado en Galicia reunirán a máis de 25.000 persoas

O proceso rexistrou un gran número de inscritos, que optan a algunha das 2.357 prazas de 97 especialidades para corpos de mestres, de secundaria, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas ou de formación profesional, entre outras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

Un total de 25.149 persoas presentaranse ás oposicións docentes, convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O proceso rexistrou un gran número de inscritos, que optan a algunha das 2.357 prazas de 97 especialidades para corpos de mestres, de secundaria, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas ou de formación profesional, entre outras.

A maioría presentarase ao corpo de secundaria, unhas 11.132 persoas para 1.041 prazas en 35 especialidades, ademais do de mestres, con 9.381 inscritos para 747 prazas e oito especialidades.

Tamén destacan as matrículas para o corpo de profesores técnicos de formación profesional, con 2.816 persoas para 363 prazas e 24 especialidades.

OPE do Sergas o domingo en Silleda. XUNTA - Arquivo
OPE do Sergas o domingo en Silleda. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta