Ferido un traballador en Vilagarcía de Arouse logo de cortarse cunha máquina

Ademais, o 112 Galicia requiriu a actuación da Policía Nacional e Local e do Servizo Municipal de Protección Civil e Xestión de Emerxencias de Vilagarcía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Un home que traballaba nunha nave do Polígono de Bamio, en Vilagarcía de Arousa, necesitou asistencia sanitaria por resultar ferido de consideración ao cortarse cunha máquina.

Segundo informa o 112, ocorreu minutos antes das 14,45 horas deste martes. Foi unha persoa particular quen avisou do sucedido, tras o cal o persoal de emerxencias solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado.

Ademais, o 112 Galicia requiriu a actuación da Policía Nacional e Local e do Servizo Municipal de Protección Civil e Xestión de Emerxencias de Vilagarcía.

Páxina web 112 Galicia
Páxina web 112 Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta