O movemento LGBT+ galego activa as mobilizacións polo Día do Orgullo tras cancelalas pola COVID-19

As protestas tomarán parte en diferentes cidades de Galicia extremando as medidas de seguridade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

A organización Avante LGBT+, de implantación en toda Galicia, traballa da man de colectivos locais para convocar concentracións en Santiago de Compostela (Praza Roxa e Praza 8 de Marzo ás 12h30), A Coruña (Campo da Leña ás 20h), Ferrol (Cantón de Molíns ás 20h), Lugo (Praza da Deputación ás 20h), e Vigo (Porta do Sol ás 21h30).

Bandeira LGTBI
Bandeira LGTBI

Na cidade de Ourense un grupo de activistas organizou actividades reivindicativas ao longo do fin de semana e unha manifestación que sairá ás 12h dos xardíns do Bispo Cesareo, comezando diante da estatua de Eduardo Blanco Amor.

Nun primero momento todas as actividades presenciais arredor desta data foran canceladas por mor da pandemia do COVID-19, máis dada a situación de crise que está a atravesar o colectivo LGBT+, estando moi afectado pola crise social e económica causada pola pandemia, e véndose reforzada a violencia LGBTfóbica mediante discursos que reproducen tanto os partidos de dereitas como os supostamente de esquerdas, tomouse a decisión de realizar mobilizacións.

Estas terán lugar extremando as medidas de seguridade seguindo as recomendacións sanitarias, mantendo a distancia, sendo obrigatorio o uso de máscara, e estando prohibido compartir pancartas ou repartir ningún tipo de material.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta