Un investigado como presunto autor dun incendio en Agolada

A policía autonómica concluíu que o lume se orixinou cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas sen adoptar as medidas preceptivas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

Un home está a ser investigado como presunto autor dun incendio que queimou 0,25 hectáreas de superficie rasa o pasado 22 de xuño no concello da Golada, informou este xoves a Xunta.

Nun comunicado, concreta que a Policía Autonómica aclarou o ocorrido en colaboración co persoal do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós. Os axentes tomaron declaración a un home e concluíron que o lume se orixinou cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas sen adoptar as medidas preceptivas.

Nos labores de extinción das chamas participaron un axente forestal, unha cuadrilla de Protección Civil, unha motobomba de Agolada e unha brigada do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós.

Os feitos puxéronse en coñecemento das autoridades xudiciais. No que vai de ano a Policía Autonómica detivo ou investigou a 29 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta