O pequeno comercio galego rexistra a menor baixada de vendas en maio do conxunto do Estado

No que vai de ano, as vendas do comercio polo miúdo acumulan unha caída do 7,7%, sendo a taxa máis baixa do pais, onde chega ao 12,2%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2020 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O pequeno comercio galego rexistrou unha baixada de vendas do 11,3% en abril en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Tenda, comercio. EUROPA PRESS - Arquivo
Tenda, comercio. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

A ocupación descendeu un 1,8% en maio en Galicia, neste caso a menor caída do cómputo estatal. É a metade do retroceso medio no Estado do 3,6%. De media, no que vai de ano as vendas do comercio polo miúdo acumulan unha diminución do 7,7% no caso galego, tamén a taxa máis baixa do país, onde hai uns recortes do 12,2%.

REPUNTE RESPECTO DE ABRIL

A nivel estatal, o pequeno comercio rexistrou un descenso das súas vendas do 20,2% en maio respecto ao mesmo mes de 2019, pero elevounas un 19,3% respecto ao mes de abril debido a que os locais comerciais foron reabrindo as súas portas conforme os distintos territorios avanzaban na desescalada.

A progresiva apertura do pequeno comercio no mes de maio determinou que estes establecementos mostren un maior dinamismo. Así, o comercio en pequenas cadeas creceu un 31,4% respecto de abril e en establecementos unilocalizados, un 23,3%.

Estatística destaca que a evolución mensual foi máis significativa na venda de produtos non alimenticios, dado que unha boa parte dos establecementos dedicados a iso estaban pechados en abril. Así, estas vendas aumentaron un 51,3%, destacando as de equipo persoal (+125,3%) e equipo do fogar (+89,5%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta