O alcalde de Dozón deixa o cargo e será substituido polo seu fillo e ata agora tenente de alcalde

Adolfo Campos Panadeiros, confirmou que, "por consello médico", deixará o cargo no que leva 33 anos, tras lograr nas urnas nove maiorías absolutas consecutivas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Panadeiros, confirmou que, "por consello médico", deixará o cargo no que leva 33 anos, tras lograr nas urnas nove maiorías absolutas consecutivas. Segundo explicou, a previsión é que lle releve o seu fillo e ata agora tenente de alcalde, Adolfo Campos Vázquez.

Á espera de que a súa renuncia se formalice nun pleno e de poder pasar a testemuña, o rexedor trasladou que dá este paso por que así llo recomendaron os seus médicos.

É o mesmo que transmitiu aos seus veciños a través dunha carta na que afirma que dá este paso coa conciencia do "deber cumprido" e satisfeito polo balance da súa xestión.

Campos sente "protagonista dun período no que se viviu a maior transformación na historia destas terras". O rexedor explicou que agora dedicará o seu tempo á súa familia e a tarefas particulares.

En 2015, o veterano alcalde estivo no foco da polémica ao ser detido, no marco da 'Operación Qatedra', que investigaba supostas irregularidades en cursos de formación, xunto a outras tres persoas, entre eles o seu fillo e tenente de alcalde.

Entón pediu a baixa temporal do PP, aínda que finalmente ambos foron exonerados desta presunta fraude en 2019.

Casa do Concello de Dozón
Casa do Concello de Dozón | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Geronimus

Baltar, Cuiña, o alcalde de Dozón, Galicia en estado puro. Un lugar onde os cargos públicos hérdanse coma se fosen propiedades privadas

1 anonimo

Pois a ver se ao fillo se lle ocurre quitar a " peineta" da casa do concello de Dozón ( onde está o reloxio e o escudo), porque é algo que destroza a estética moderna do edificio. Foi un añadido posterior, con moi pouca fortuna.