DomusVi, a empresa das residencias privadas imita á Xunta e premia aos traballadores cun cheque de 500 euros

"Queremos agradeceros el esfuerzo realizado en lo más duro de esta crisis sanitaria con el bonus extraordinario”, di a conselleira delegada da empresa que xestionou as residencias nas que faleceron 150 anciáns.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/06/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

DomusVi, a empresa que xestiona as residencias onde tiveron lugar os principais brotes de coronavirus de Galicia, imitiu ao Goberno galego e decidiu premiar aos seus traballadores cun “bonus extraoridnario” de 500 euros.

Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores
Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores | Fonte: xornalgalicia.com

Así llelo comunicou a conselleira delegada en España desta empresa, Josefina Fernández, aos seus traballadores nunha misiva á que tivo acceso Galicia Confidencial. Nesta carta, xustifica este cheque regalo polo seu “valor”. “Vuestro valor como profesionales del cuidado no tiene precio. Lo sabemos. Pero queremos agradeceros el esfuerzo realizado en lo más duro de esta crisis sanitaria con el bonus extraordinario que, como sabéis, acompañará la nómina de este mes”, destaca.

Fernández suliña que este diñeiro extra é “un xesto de agradecemento e de recoñecemento” a labor dos profesionais da empresa.  “Habéis priorizado a vuestros mayores antes que a vuestras propias familias y os habéis aislado en vuestros propios hogares”, recolle a misiva que recoñece que os traballadores “foron proactivos” na busca de solucións para a adaptación dos centros. “Habéis actuado como un equipo unido sin fisuras para que, ante la adversidad, los más vulnerables no se viesen afectados. Sois los mejores”. 

Con todo, Josefina Fernández advirte ao final da súa carta que a loita contr a a Covid-19 “aún no ha terminado” ata que se atope unha vacina. “Entre todos y todas estamos construyendo las barreras que frenarán la entrada del virus e implementando los protocolos de actuación que nos garantizarán la mejor actuación ante posibles rebrotes... Juntos conseguiremos vencerlo”, despídese.

CONDICIÓNS SALARIAIS

Este bono suporía, no mellor dos casos, preto da metade dun salario normal. Segundo os datos consultados por GC de traballadoras, o salario base segundo o convenio para as residencias privadas está en 1.030 euros para as auxiliares, mentres para as enfermeiras o seu salario base é de 1.100 euros. “Ao mellor líquidos a unha auxiliar  poden quedarlle uns 900 euros por mes sen complementos”, sinalan fontes consultadas. As quendas de traballo normalmente divídense de 08 a 15 horas, de 15 a 22 horas e de 22 a 08 horas. 

Os traballadores destes centros foron dos máis afectados durante a pandemia. Preto de 150 deles contaxiaronse coa Covid-19 nunhas residencias que foron os principais focos da pandemia en Galicia. De feito, só nas xestionadas por DomusVi morreron 150 persoas, máis da metade dos 274 residentes que faleceron en toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Indignada

Hola, soy una trabajadora de domusvi, hagan el favor de contrastar sus noticias. Vayan a una empresa de domusvi y pregunten a los trabajadores. Yo, como muchas de mis compañeras y compañeros, trabajé durante la covid, enfermé y no he recibido el cheque.

1 xurxosalgado

Boas. Poderías escribir a inf@galiciaconfidencial.com e facilitar un contacto telefónico. Graciñas

1 Iria Estévez Casqueiro

Precioso el artículo, les faltó decir que a los que nos hemos contagiado en primera línea de trabajo y hemos puesto en riesgo la salud de nuestra familia no somos merecedores de ese cheque así como tampoco el personal eventual contratado durante la pandemia que ha tenido las narices de ir a trabajar en el peor momento.