Casado confía en que a vitoria de Feijóo "catapulte" en España o PP do "milagre económico" e da "unidade"

O presidente 'popular' chama a traballar para lograr unha cuarta vitoria de Alberto Núñez Feijóo en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 27/06/2020 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O presidente do PP, Pablo Casado, chamou este sábado a traballar para lograr unha cuarta vitoria de Alberto Núñez Feijóo en Galicia que, como pasou en 2009 e como tamén lembrou Mariano Rajoy, "catapulte" o éxito estatal do Partido Popular "do milagre económico", un partido que se sitúe como "alternativa de futuro de unidade para todo o pobo español", lonxe de "bloques" e de "confrontación".

(D-I) O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, o presidente e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy
(D-I) O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, o presidente e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy | Fonte: Europa Press

Na, para o PPdeG, emblemática Praza de Touros de Pontevedra, con máis de 300 asistentes e máis de 1.400 seguidores pola canle de Youtube, Casado dixo comprometerse con Galicia e retou ao presidente do Goberno, o socialista Pedro Sánchez, a facer o propio co foco en Alcoa, Ence ou as industrias situadas en zonas costeiras.

Pero puxo en dúbida que o vaia a facer e exemplificouno co proxecto do AVE —que tampouco se rematou co goberno do PP— para criticar que o PSOE se dedicase a "xogar ao Risk" e a "sacar chinchetas" de "aqueles territorios nos que non poden gobernar". Tamén enxalzou a xestión de Feijóo na crise do coronavirus e lamentou que, a pesar diso, só recibise "cambadelas" do Goberno.

De Sánchez dixo que veu "pouco" a Galicia e "só a insultar a Feijóo", á vez que insistiu en que, ás portas da homenaxe estatal ás vítimas da Covid-19, debe "dicir a verdade" sobre a cifra de vítimas mortais en España.

Finalmente, contrapuxo a "nova normalidade" do PSOE, ao que acusou de "confrontar" e "terxiversar" as posturas do PP, coa da súa formación, que volveu a erixir en "un partido de Estado" que estivo "á altura da pandemia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta