Crean unha asociación para defender o patrimonio natural da Costa da Morte

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/06/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Veciños da Costa da Morte constituíron unha asociación para defender o patrimonio natural da comarca. A Asociación en Defensa da Costa da Morte xorde, como detallan os seus promotores, como reacción "ao anuncio de que a Xunta tallaría o Monte Pindo", un dos espazos naturais de refencia na comarca situado no Concello de Carnota (A Coruña).

Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo
Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo | Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Por mor desta noticia, un grupo de veciños convocou unha mesa de diálogo na que advertiron da ausencia dunha entidade social a nivel comarcal que "sirva para coordinar e pór en valor o traballo e as iniciativas" da zona e para "pór o foco sobre os retos e demandas" que están pendentes na Costa da Morte.

Así, marcan como obxectivo "frear" o despoboamento e "a desrucción do seu medio e a súa identidade", así como a reclamar "a débeda histórica que os gobernos teñen con esta comarca".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta