Temas: PAISAXE XUNTA

Un guía de boas prácticas fixará criterios para a integración paisaxística e o mantemento dos miradoiros galegos

Unha guía de boas prácticas identificará os criterios ou recomendacións para a integración paisaxística, o mantemento e a sustentabilidade dos miradoiros galegos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/06/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Unha guía de boas prácticas identificará os criterios ou recomendacións para a integración paisaxística, o mantemento e a sustentabilidade dos miradoiros galegos. Diso informou a Consellería de Medio Ambiente, que explica que a titular do departamento autonómico, Ángeles Vázquez, e o director da Fundación Juana de Veiga, José Manuel Andrade Calvo, asinaron de forma telemática o convenio que permite a elaboración deste documento.

Miradoiro do Coto do Rei, en Fene.
Miradoiro do Coto do Rei, en Fene.

Grazas a esta colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio --dependente da Consellería-- e a Fundación Juana de Veiga, autorizada este mesmo mes polo Consello da Xunta, Galicia disporá da primeira guía destas características.

Nela, quedarán reflectidos uns criterios básicos de aplicación na creación de novos miradoiros, así como boas prácticas e criterios para a integración paisaxística dos miradoiros ben sexan novos ou para actuacións de mellora dos existentes.

A Xunta lembrou que os miradoiros son aqueles puntos de observación do territorio desde os que se observan vistas panorámicas ou de especial interese ou representatividade e que dispoñen --en maior ou menor medida-- de distintos elementos e infraestruturas como son os accesos, murais ou pantallas de información, mobiliario, elementos de protección, etc.

En concreto, o importe da colaboración ten un valor de 46.000 euros, que serán asumidos polo Instituto de Estudo do Territorio e a Fundación Juana de Veiga, entidades que achegarán 25.000 e 5.000 euros, respectivamente. A iso, engádese o valor dos anexos fotográficos, a cartografía, a información xeográfica e os exemplos a nivel de anteproxecto (traballos equivalentes á cantidade de 4.000, euros), así como parte do persoal do IET.

Temas: PAISAXE XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta