Buscan un home desaparecido en Monterrei

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/06/2020 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

Un amplo operativo participa na procura dun home desaparecido desde a tarde deste domingo en Monterrei (Ourense), informaron o 112 e fontes de Protección Civil do municipio, que explicaron que se trata dun home que adoita saír a pasear e, en ocasións, se desorienta.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Nos labores para tratar de localizalo están a participar drons da Axencia Galega de Emerxencias, equipos dacabalo e persoal de Protección Civil de Monterrei e Cualedro.

O home saíu a pasear despois de comer, ao redor das 14,30 horas, na localidade de Medeiros. O aviso de que non regresaba a casa deuno a súa irmá. Fontes de Protección Civil explicaron que o home desapareceu hai dous anos e entón conseguiron localizalo a uns 10 quilómetros do lugar no que se lle viu por última vez.

De acordo co alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, trátase dunha persoa duns 70 anos que sae a camiñar con frecuencia e ten unha discapacidade intelectual. A zona na que desapareceu é de monte, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta