O 061 atendeu a 63 persoas debido a 46 accidentes de tráfico esta fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 63 persoas debido a 46 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana pasado en estradas da rede viaria galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 63 persoas debido a 46 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana pasado en estradas da rede viaria galega.

A Central de Coordinación do 061 recibiu entre as 15,00 horas do venres 26 de xuño e as 23,59 horas do domingo 28 un total de 58 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O sábado foi a xornada con máis incidentes, cun total de 22 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 55. En concreto, as ambulancias realizaron 52 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en tres accidentes.

En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións recibiron atención no mesmo lugar do incidente. A proporción de homes atendida ascendeu ao 65 por cento e a de mulleres reduciuse ao 35%. En canto ás idades dos feridos, o 33% dos atendidos tiña entre os 35 e 49 anos.

Pontevedra, con 25 accidentes de tráfico, foi a provincia con máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 15; e Lugo e Ourense, con tres en cada caso.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta