GC Aberto

A política de apoio e mellora agraria non debe ser só auxilio

Por admin | GC ABERTO | 29/06/2020

Comparte esta noticia

Todos os sectores, sexan do primario ou da industria transformadora, reciben apoio económico con menor ou maior contía. O asunto fundamental é se esa axuda, e todas as estratexias políticas cara o sector, permiten sostelo, garantindo a continuidade no tempo dunha actividade atractiva e con réditos para investir nela. 

Sector gandeiro. XUNTA - Arquivo
Sector gandeiro. XUNTA - Arquivo

A economía primaria, e en concreto a produción do leite, debería contar con poder suficiente para permitir marcarse a súa propia marxe de beneficio sen estar fixada de maneira esóxena por outros actores. A gobernanza pública debería arbitrar e titorizar o cumprimento desa regra de transparencia.

O arranque e desenvolvemento do tecido primario na Galiza ten moito potencial que tampouco está a ser activado. Canalizar e dinamizar as liñas que deberían facerse, con ferramentas que

aporten complementos de valor, sen contaminar o prezo do litro de leite, seguen a estar pendentes. 

O prezo do leite é o resumo de toda a actividade. É o final dun valor trasladado, que debería ser o xusto, sen alteracións, sen perturbar o verdadeiro importe. Fixado e cotizado no mercado coas leis dunha dinámica transparente e atada a forzas tendentes a dar un valor optimizado de todas as contías variábeis da transacción.

Por desgraza, neste país, o prezo vénnos dado e a manobra que nos queda é axustar, na medida que poidamos, os custes daquelas variábeis subtotais máis manexábeis dese valor final. A tarefa case se ve como misión imposíbel cando nin iso se dá controlado. Por iso, a importancia de ter unhas liñas de apoio indirectas máis importantes, sen que afecten á baixada do prezo do leite é esencial. E non me refiro a un aporte só económico senón ao de forzar unha maior amplitude da importancia que ten o sector primario na economía local do

entorno. 

Hai moitas estratexias posíbeis á hora de poder facer valer a demanda dos produtos nosos, sen caer en políticas intervencionistas ou agresivas contra o foráneo. Suíza márcase obxectivos nesa liña, afronta un escenario que permite ás ganderías ter ganancias acordes. Francia, sendo membro da UE como Galiza, tamén xoga nese papel.

O futuro é incerto pero a política apropiada e adaptada a un sector, que demanda un horizonte de prosperidade, debería aparecer axiña.

Mario Vila López

Gandeiro licenciado en A.D.E.

DOZÓN (Comarca do Deza)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta