A Xunta abrirá as residencias xuvenís como espazos de lecer pero non centros de día e garderías

Di que se trata "dunha iniciativa pioneira" que ten como obxectivo dotar de medios e instalacións aos mozos para pór en marcha proxectos de educación non formal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Este martes abre o prazo de solicitude para o uso de residencias xuvenís como espazo de actividades de lecer e tempo libre organizadas por asociacións xuvenís, consellos locais de mocidade ou grupos de persoas novas non asociadas a actividades de tempo libre sen ánimo de lucro. Unha apertura que contrasta co peche ao que a Xunta ten sometido a centros de día e garderías que non poderán abrir, polo menos, ata setembro.

Tal e como lembrou a Xunta, "trátase dunha iniciativa pioneira" que ten como obxectivo dotar de medios e instalacións aos mozos para pór en marcha proxectos de educación non formal con todas as garantías de prevención e hixiene.

As instalacións que se pon a disposición da mocidade son o albergue xuvenil Lug I, en Lugo, e a residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, en Ourense. O prazo de solicitude será de sete días hábiles a partir deste martes e o número total de prazas será de 360, 30 por quenda.

As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade, as escolas de tempo libre e demais entidades terán que presentar a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. No caso de grupos de persoas novas non asociadas, poderán presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica e, opcionalmente, de maneira presencial en calquera dos rexistros da Administración autonómica.

A Unión Musical de Valladares ao fondo, cun grupo de mozos bailando ao son dunha muiñeira.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
A Unión Musical de Valladares ao fondo, cun grupo de mozos bailando ao son dunha muiñeira.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta