Participación histórica no IV Aberto do Lacón de Meira

Más de 70 xogadores participaron na proba de billarda. Charli, do equipo de Muimenta, alzouse campión.

Por gcdeportes | Meira | 05/02/2013 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Celebrouse este sábado no pavillón de Meira a cuarta edición do Aberto do Lacón de Meira, correspondente á 7ª xornada da Conferencia Norleste da Liga Nacional de Billarda. O torneo foi organizado pola Asociación Cultural Eme de Meira.

Charli, gañador individual
Charli, gañador individual

Esta edición do aberto contou con máis de 70 xogadores e xogadoras, unha cantidade moito máis alta que nos anos anteriores. Foi Charli, do equipo de Muimenta “Carabullo”, quen, entre todos eles, conseguiu destacar, obtendo así o primeiro posto do torneo, polo que se levou como premio un  lacón meirego e unha restra de chourizos.  A actual campioa nacional de Billarda, Lu, integrante de “Corredoiras”, equipo das Rías Baixas, quedou segunda clasificada. O terceiro posto foi para  Noé, das “Troitas Bravas”.

Extensión Billarda, equipo de Meira-Bretoña, foi o gañador da xornada por equipos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta