Debate electoral: Toda a oposición denuncia a "privatización" de residencias e servizos públicos de Feijóo

G. Caballero enléase con PP, Cs e Vox. Os candidatos lembran as vítimas da Covid e debullan os primeiros argumentos no comezo do debate.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 22:03

Comparte esta noticia

Os candidatos do PSdeG, Galicia en Común, BNG e Marea Galeguista aproveitaron o primeiro bloque do debate da CRTVG para botar en cara a "privatización" das residencias de maiores de Galicia ao presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen lles replicou que en Galicia "non se deu nin unha soa vida por perdida" e aseguroulles que se eles tivesen que xestionar "non falarían con tanta lixeireza e demagoxia".

O número de contaxios e de falecementos nestes centros centrou o primeiro dos espazos temáticos do debate electoral a sete que este luns acolleu a Corporación Radio Televisión de Galicia e no que Feijóo criticou que o resto de aspirantes se limitarn a afirmar que todo o que fixo a Xunta "está mal".

A primeira en intervir neste apartado foi a líder dos nacionalistas e aspirante á Xunta, Ana Pontón, quen considerou necesario "aprender dos erros" e fixo un repaso polos que, na súa opinión, foron os principais de Feijóo. Nesta liña, o candidato de Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, afeou a aposta pola "privatización" do PP. Tamén o número un de Vox pola Coruña, Ricardo Morado Fajardo, referiuse a a situación das residencias para denunciar que "aos maiores prívelles de ter un futuro" e asegurou que "a sanidade pública xestiónase moito mellor de forma centralizada" e non "dividida en reinos de taifas".

Pola súa banda, o aspirante socialista, Gonzalo Caballero, cualificou de "moi grave" o ocorrido nestes centros e citou unhas palabras da directora dunha residencia de maiores de Santiago de Compostela nas que, segundo indicou, denunciaba que o protocolo só recomendaba enviar aos hospitais aos usuarios "máis válidos". Tamén cargou contra a "privatización" o candidato á Xunta pola coalición Galicia en Común - Anova Podemos, Antón Gómez Reino, quen chamou a atención sobre o feito de que o 93% dos contagios rexistrados en residencias fosen en centros "privados". Pola súa banda, a candidata de Cs, Beatriz Piñeiro, optou por aproveitar a súa quenda de palabra para pedir un pacto de unidade pola reconstrución e pediu aos políticos presentes que "estean á altura". "Temos a obrigación de pedir desculpas e dar as grazas porque mentres os galegos estaban preocupadísimos para tramitar os seus ERTE, os políticos estaban a se gritar no Hemiciclo nacional", censurou.

O presidente da Xunta de Galicia candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, o candidato á Presidencia da Xunta de Marea Galeguista, Pancho Casal, do PSdeG, Gonzalo Caballero, do BNG, Ana Pontón, da coalición Galicia en Comú. CRTV
O presidente da Xunta de Galicia candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, o candidato á Presidencia da Xunta de Marea Galeguista, Pancho Casal, do PSdeG, Gonzalo Caballero, do BNG, Ana Pontón, da coalición Galicia en Comú. CRTV | Fonte: Europa Press

LEA

A primeira lea do debate electoral chegou no segundo bloque, dedicado á economía. O protagonista central foi o candidato socialista, Gonzalo Caballero, que se enganchou con Beatriz Pino, de Ciudadanos, e Ricardo Morado, de Vox.

O primeiro duelo dialético do debate chegou cando a candidata laranxa se referiu á actitude de Gonzalo Caballero durante a intervención que abriu o bloque. "Os cidadáns queren solucións, non berros", sinalou Beatriz Pino, ao que o socialista afeou que "o que fai Ciudadanos" é limitarse a dicursos "sen concreción".

O segundo enfrontamento dialético chegou cando o candidato de Vox pola Coruña, Ricardo Morado, tomou a palabra para indicar que as propostas da súa formación, como "reducir o gasto político innecesario", "non son escoitadas" polo resto de partidos. "Porque son malas, son malísimas", espetou Caballero, que afirmou que o líder de Vox, Santiago Abascal, "leva toda a vida en chiringuitos". "Pregúntelle a el", engadiu o socialista.

Nese momento, Ricardo Morado mostrou dúas fotos nas que se vían grupos de manifestantes en actos de Vox durante esta campaña que identificou como "cachorros" dos partidos presentes no debate que "veñen aos actos a cuspir e insultar".

O PRIMEIRO MINUTO

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, arrincou a súa intervención cunhas palabras de agradecemento aos galegos polo seu "comportamento exemplar" durante o coronavirus. Feijóo, quen interveu en primeiro lugar, lanzou unha mensaxe a todas as familias das 619 vítimas mortais do coronavirus, e unha mensaxe de ánimo a todos aqueles galegos "preocupados polo futuro". "Oxalá este debate sexa útil", chamou o presidente galego, quen insistiu nunha mensaxe que está a marcar a súa campaña: os cidadáns terán que elixir o 12-X entre "un multipartito de dez partidos aquí representados" ou un só partido, o PPdeG, ao que el representa. "Se vostedes queren", ofreceu.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, arrincou o debate cunha advertencia ao electorado de que "non é o mesmo cando goberna o PP que o PSOE". No minuto de apertura, Gonzalo Caballero defendeu que os socialistas "non deixan a ninguén na cuneta". "O 12 de xullo xogámonos o futuro do país no que vivimos, se imos saír pola esquerda ou pola dereita" tras a crise provocada pola pandemia do coronavirus, proclamou Gonzalo Caballero.

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, lembrou os "verdadeiros heroes e heroínas" da crise do coronavirus e dirixiuse aos maiores e ao rural nas súas primeiras palabras para reivindicar a ambos. Pontón dixo que a crise sanitaria, á cal dedicou a súa primeira intervención, mostrou "as deficiencias" que hai no sistema cara aos maiores e desvelou "a necesidade de modificar un sistema de residencias" para que "non se faga negocio co dereito a unha vellez digna". Ademais, esta crise sanitaria revelou, engadiu, que "a xente do rural encheu as neveiras da cidade" e reivindicou o traballo de "transportistas, caixeiras de supermercado, profesorado" e "o persoal sanitario", que estivo en primeira liña con "un gran sacrificio".

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, apelou a "construír o futuro" a partir das eleccións do 12 de xullo para que Galicia deixe atrás "os 10 anos de corentena" que, di, significaron a década de Alberto Núñez Feijóo na Xunta. Gómez-Reino dedicou boa parte do primeiro minuto do debate a presentarse persoalmente ante os galegos tras agradecer aos galegos a actitude mantida durante o confinamento do coronavirus. "Estou orgulloso da cidadanía do meu pobo", apostilou. 

O candidato de Marea Galeguista á presidencia da Xunta, Pancho Casal, iniciou o debate diferenciando a súa candidatura da opción que representa o presidente galego, Ablerto Núñez Feijóo, e "o tripartito de Sánchez" en alusión a PSdeG, BNG e Galicia En Común --na que se integra Unidas Podemos--. Casal --segundo en intervir-- sinalou que nestas eleccións autonómicas do 12 de xullo existen "tres opcións": "votar a Feijóo, ao tripartito do señor (Pedro) Sánchez ou votar a Marea Galeguista".

A candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta, Beatriz Pino, aproveitou o primeiro minuto para presentarse como cabeza de lista, e fíxoo mostrándose coñecedora dos "problemas" dos galegos. Ademais, apelou ao voto dos que "non se conforman". Así, nos primeiros compases deste debate, Beatriz Pino, que lembrou que ten 44 anos e ten dous fillos adolescentes, manifestou que é o "momento de devolver un pouco do que fixeron por nós" os maiores. "Estou aquí porque son unha muller traballadora e orgullosa de nacer nesta terra, pero non me conformo", salientou Beatriz Pino.

A cabeza de cartel pola Coruña de Vox, Ricardo Morado, aproveitou o seu primeiro minuto para erixir o seu partido no "verdadeiro voto útil" fronte ao resto de aspirantes, representantes das forzas situadas "á súa esquerda", a quen identificou como os partidos "do consenso progre, os seis partidos de goberno". "Nós somos Vox", contrapuxo, antes de engadir: "unha alternativa real, que defende o mesmo antes e despois da campaña, o mesmo aquí e en Murcia, en Tui e en Burela".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 nostrus

Lo de los servicios en manos de la administracion es una obsesion de la izquierda porque cree que un politico es capaz de gestionar mejor que un empresario y porque cree que el afán de hacer negocio va en detrimento de la calidad del servicio, cuando en realidad es al revés y cuando más se hace negocio es cuando se hace un buen servicio. Es cierto que la torpeza y avaricia de algunos empresarios les puede hacer caer en la tentacion de restar en la calidad del servicio para obtener mas ganancias, cosa que les funcionaría a corto plazo, pero a la larga saldrían perdiendo. Para evitar estas situaciones ahí es donde empieza la labor de la administarcion haciendo creando normas de funcionamiento y haciendo funcionar bien las inspecciones. El estado debe meterse lo menos posible en los negocios y dejar a las personas que negocien entre ellas, eso si, como dije antes regulando los servicios mediante normas e inspecciones.

1 Vox-trus

Viba lá libertaz! Que norma ni que inpeciones, libertaz para elejir y progresar en monbre del mercado! Biva Frijolito que anpara a las fundaciones ultracatólicas y a los fondos de inversión que manosean las residencias de mallores que le botan! Y biban los intermediarios, como Juanca El Bribón, con testafierros y cuentas en Swiza, por comisionar de negocios de empresa pribadas en el estrangero que abala el Estado Ezpañol que le paga las cortesanas! Y requeteviban los Albertos Riveras con apartamento de lujo en el centro de Madriz a cuenta de Kike Sara-Sola y sus caprichos! Libertaz es Progreso y Fu-turismo para bibidores!

2 Mónika

Doce anos Galiza nas mans dise ninguén dos Peares? De verdade?? Pero se non é quen nin de retrousar o máis mínimo argumento. O Frijol é fume sen a rtvg e a Coz (e derivados). Ata o fatxa do meu irmán mándame un "flojillo...". Patético ata na "súa" casa. Brutal as dúas últimas partes da Ana, esnaquizouno sen se despeitear. Hai partido.

1 Sentidiño

Os asesores do PP non son tan parvos: o debate un luns doce días antes da votación. Agora teñen toda a campaña para manipular dende tele, radio e xornais. Sorprendeume: Feijoo-20-GaliciaGaliciaGalicia fixo o ridículo