A Xunta convoca un concurso para centros públicos cando non resolveu os protocolos para o acceso ás aulas

A convocatoria chega semanas despois do peche do curso escolar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou o premio 'Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020' destinado a centros públicos. O certamo recollerá dúas categorías entre as cales prometen repartir un total de 18.000€ entre primeiro premio (5.000€), segundo (2.500€), terceiro (1.000€) e un accésit de 500 euros.

A convocatoria amplía os centros que se poden presentar, xa que, a diferencia do ano pasado, a esta edición poderán concorrer tanto escolas de educación infantil como aulas hospitalarias. En suma, a Xunta recollerá propostas de Educación Infantil e Primaria, Bacharelato, FP, ESA e demais ensinos de réxime especial, todo a apenas dúas semanas da cita electoral do 12X e co curso lectivo do 2019/20 pechado

Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA
Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA

O anuncio da Consellería coincide coas queixas de sindicatos e profesores ante a ausencia dun protocolo claro que permita un regreso seguro ás aulas en setembro, á par das demandas históricos contra a privatización e precarización do ensino público. O certame, titulado "Boas Prácticas de Educación Inclusiva" ten por obxectivo premiar ós centros que manifesten un esforzo para "eliminar ou minimizar as barreiras derivadas das condicións persoais ou sociais de alumnos de alumnas", segundo indican dende a Consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta