O rebrote da Mariña volve a elevar os casos de covid: 5 novos contaxios nas últimas 24 horas

O Sergas informa ademais dun novo positivo na zona de Pontevedra, que elevan os pacientes a 314. Nas residencias só resta o caso logo da alta de tres usuarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

Os casos de covid en Galicia seguen a subir impulsados polo rebrote da Mariña Lucense, que nas últimas 24 horas viuse ampliado en 5 novos contaxios. Estes casos, xunto cun novo afectado rexistrado na área sanitaria de Pontevedra, elevan o total dos positivos a 314 persoas, dous máis que os datos do día de onte tendo en conta as curacións, que o Sergas cifra en 8 pacientes.

Test de Covid/. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo
Test de Covid/. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo

En total, xa son 10.623 as persoas curadas. Así se reflicte nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que indica que do total de pacientes positivos catro permanecen en unidades de hospitalización --os mesmos que este luns-- e 310 en seguimento domiciliario --dous máis--, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos COVID.

Dos 314 casos positivos, 129 corresponden á área de Vigo --dous menos que este luns--; 70 á da Coruña e Cee --un menos--; 24 á de Santiago e Barbanza --sen cambios--; 21 á de Ourense --un menos--; 49 á de Lugo --cinco máis--; 11 á de Ferrol --igual que hai 24 horas-- e dez á de Pontevedra --un máis--.

RESIDENCIAS

O dato positivo da xornada vén dado polas residencias, onde os casos activos caeron de 4 a 1 logo das altas dos 3 usuarios contaxiados na Santa Teresa Jornet da Coruña. Neste mesmo centro resta o derradeiro paciente, un empregado. Dende o 13 de xuño non se rexistraron novos positivos.

Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.623 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta