A Catedral de Santiago reabre ao público tras 109 días pechada

A Catedral de Santiago reabre ao público este mércores 1 de xullo, tres meses e medio despois do seu clausura como medida de prevención ante o avance da pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago reabre ao público este mércores 1 de xullo, tres meses e medio despois do seu clausura como medida de prevención ante o avance da pandemia.

A basílica compostelá foi pechada ao público na mañá do 13 de marzo, véspera da declaración do estado de alarma en España. Días antes, a Catedral xa decretara outras medidas de prevención, como a prohibición de realizar o tradicional abrazo á figura do Apóstolo.

Agora, o templo santiagués reabre as súas portas ao público con horario de 09,00 a 19,00 horas para visitas que estarán restrinxidas no camarín, xa que esta zona permecerá pechada polas obras de restauración que se desenvolven en distintos puntos da basílica.

Tamén volven as misas do peregrino á Catedral, aínda que só en horario vespertino (19,30 horas) e no altar provisional situado no portada oeste. A misa da mañá terá lugar na capela do Centro Internacional de Acollida á Peregrina, situado na Rúa Carretas.

O acceso á basílica para asisitir á misa de tarde realizarase pola entrada da Praza de Praterías desde as 19,00 horas e o aforamento estará limitado a 75 persoas, que permanecerán separadas en asentos asignados á entrada no templo. Ademais, os asistentes non poderán deambular pola Catedral mentres dure a cerimonia.

VISITAS AO PÓRTICO

Así mesmo, tamén se retoman as visitas ao Pórtico da Gloria, que poderán realizarse entre as 10,30 e as 14,30 horas de martes a domingo, segundo informou este martes a Catedral compostelá. O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino manterá un horario de apertura de 10,30 a 18,30 horas. Alí, na súa capela, ademais de acoller a misa do peregrino da mañá, tamén ten lugar a homilía en inglés, programada diariamente ás 09,30 horas.

Catedral de Santiago de Compostela.. EUROPA PRESS - Arquivo
Catedral de Santiago de Compostela.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta