Educación abre este xoves as listas de interinos e substitutos nun total de 49 especialidades

Será necesario acreditar o coñecemento de lingua galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para anotarse nas listaxes para prestar servizos como interinos e substitutos nos centros educativos, para un total de 49 especialidades, que se estenderá ata o próximo 15 de xullo.

Para iso, terán que contar coa titulación requirida para cada especialidade, formación pedagóxica e didáctica adecuada, salvo no caso do corpo de mestres, de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño. Tamén será necesario acreditar o coñecemento de lingua galega.

Entre as materias ofertadas, atópanse Educación Física, Música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación primaria, para o corpo de mestres; ou Filosofía, Grego, Latín, Matemáticas, Francés, Orientación, e Lingua galega e literatura, en secundaria.

Ante a apertura de listas, a CIG pediu á Xunta que estenda o prazo proposto para poder incorporar ás persoas que se titulen neste mes, ou polo menos que se faga de forma coordinada cos calendarios de peche de actas do tres universidades galegas.

Un profesor dando clase.. UPNA
Un profesor dando clase.. UPNA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta