O que parte e reparte

Sr. Presidente supoño que, como vostede naceu en Galicia, coñecerá o refrán que di: o que parte e reparte para sí a mellor parte. Pois, a medida que saen datos da doble contabilidade que se levaba no partido do que vostede é presidente, as cousas están sumamente claras. Empresas e particulares que buscaban favores daban importantes cantidades para a causa, e logo recibían o premio coa conseguinte adxudicación, e todos contentos. Claro que, como as cantidades eran cartos en B, ises nunca aparecerán na contabilidade oficial.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/02/2013

Comparte esta noticia
Pero, o que está claro, é que  eran recibidos periódicamente como pagos polo  bo traballo feito, e de momento, mentres non se demostre o contrario, non  se declaraban ao fisco.
 
E agora ¿que lle dicimos aos cidadáns? que estamos diante unha conxura contra os populares? que vostede non foi a política a gañar cartos e que os papeis publicados son “apócrifos” Que lle contamos aos que ven como un presunto delincuente blanquea, coa aquiescencia do ministro Montoro e do seu goberno, máis de 10 millóns de euros. E  faino  pagando unha nímia cantidade ao fisco, mentres os cidadáns pagan un IVE moito máis elevado por produtos e bens de consumo básicos.
 
A miña veciña María morreulle o marido cando ela tiña cincuenta e pico de anos, cobraba unha pensión que non chegaba a 600 euros, e traballa facendo labores domésticas para  acceder a  unha pensión. E facenda, como cobraba moito, baixoulle a prestación  do seu finado  en 250 euros ao mes. Que lle pode contar a moitas mulleres que están nunha situación semellante, a moitos pensionistas e a moitos parados que non teñen onde traballar e carecen de perpectivas laboráis ou cobran nímias cantidades para subsistir. Dígame ¿Pensa  que con dicirlle que vostede é honrado é suficiente? 
 
A dereita sempre tivo unha conciencia como a dun acordeón que se estira e encolle segundo a comenencia e o caso. Vamos segundo a ocasión require.
 
Hai uns anos, vostede e o seus dirixentes dicían que o xuíz Garzón tiña unha lea contra o PP e, a xustiza deste país,  actuando con sumo rigor, apartouno da carreira xudicial. E agora que sae á luz a trama que il investigaba, que lle pode contar os cidadáns. Vaguedades nunha roda de prensa sin preguntas.  Claro, mentres o tesoreiro que vostede ratificou,  amasaba unha fortuna, e toda a cúpula, presuntamente, cobraba propinas ao marxe do xeneroso soldo institucional, a contestación  dos seus é de libro: a corrupción é dos demais.
 
Vivimos nun país onde os membros do gobeno,  que teñen que dar exemplo, non o dan. E contrariamente a súa forma de actuar,  pídenlle á cidadanía que pague impostos, que se apreté o cinto, mentres, os presuntos defraudadores, cobran sobresoldos, aceptan pagos de festas particulares, viaxes de pracer e cantidade de favores que  nos deixan a todos coa boca aberta.
Con todo o dito, caben varias  preguntas: Existe ética na clase política que nos goberna? Existe unha xustiza imparcial neste páis? 
 
Remato cunha consideración: faga un exercicio de honestidade política Sr. Presidente  e admita o que xa é unha verdade difícil de desmentir. Acepte que, baixo a súa presidencia, no partido houbo moitas irregularidades, e que o que recollía as donacions  repartía e, segundo todo indica, que quedábase con  parte. Pero  admita tamén que vostedes  recibían algo do asunto,  ou do contrario,  dimita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com