A USC acolle dous dos proxectos de vacinas contra a COVID-19 impulsados polo Ministerio de Ciencia

O equipo galego traballa desde abril no desenvolvemento dunha vacina fronte á COVID-19 con base a unha nova metodoloxía desenvolvida no propio centro e patentada pola USC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

Os investigadores da USC José Martínez Costas e Javier Montenegro coordinan no CiQUS dous dos 12 proxectos de vacinas impulsados desde o Ministerio de Ciencia e Innovación contra a COVID-19.

O grupo que dirixe Martínez Costas acaba de entrar nunha nova fase da súa investigación. A Comisión Europea concedeu financiamento específico para a realización de probas preclínicas moi completas en animais de experimentación que permitirán, se os resultados son satisfactorios, "chegar ata a fase clínica de ensaios en humanos".

O equipo galego traballa desde abril no desenvolvemento dunha vacina fronte á COVID-19 con base a unha nova metodoloxía desenvolvida no propio centro e patentada pola USC.

"Facemos que células de calquera orixe fabriquen microesferas e introduzan dentro delas os antígenos víricos", apunta este investigador.

Pola súa banda, o grupo de investigación de Javier Montenegro recibiu 126.000 euros por parte do Instituto de Saúde Carlos III no marco do seu traballo sobre a preparación e uso de vectores peptídicos para a entrega celular de ARN mensaxeiro.

"Os vectores non virales terán un gran impacto nas terapias baseadas en ácido nucleico, xa que son facilmente escalables e presentan certas vantaxes sobre o tamaño de carga e as reaccións adversas", valora.

Laboratorio. CHOUZA, PABLO
Laboratorio. CHOUZA, PABLO | Fonte: A CAIXA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta