Casado estará este xoves en Ourense e volverá a Galicia o sábado

Na súa visita deste xoves estará acompañado pola cabeza de lista do PP pola provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e polo presidente provincial, Manuel Baltar.

Por E.P. | Ourense | 01/07/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O presidente do PP, Pablo Casado, visitará este xoves a empresa Transportes Aníbal Branco en Ourense, e volverá de novo a Galicia, onde xa estivo en varias ocasións durante a campaña para as eleccións do 12 de xullo, este sábado, segundo fontes do partido.

Na súa visita deste xoves estará acompañado pola cabeza de lista do PP pola provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e polo presidente provincial, Manuel Baltar.

Do mesmo xeito que na vasca, o líder popular está a envorcarse na campaña galega para apoiar ao presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo.

De feito, o sábado xa participou nun acto na praza de touros de Pontevedra xunto a Feijóo e o expresidente Mariano Rajoy, e o luns desprazouse a Cospeito, onde visitou unha explotación láctea.

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, Beatriz Ciscar - Europa Press
O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta