Denuncian “brutalidade policial” no desaloxo de estudantes en Ourense

Os estudantes pechados na Biblioteca Nodal, en protesta contra a Lei Wert, aseguran ter sido vítimas de "ameazas" e "agresións" por parte de axentes da Policía Nacional. Este non é o primeiro desaloxo pola forza que sofre o movemento estudiantil ourensán.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 07/02/2013 | Actualizada ás 00:40

Comparte esta noticia

Novo capítulo de enfrontamento da Policía Nacional co movemento estudiantil de Ourense. Ao igual que hai case un ano, un grupo de axentes entrou na Biblioteca Pública Nodal para desaloxar aos estudantes que se pecharon en sinal de protesta contra a Lei Wert.

Estudantes tralo desaloxo da Biblioteca Nodal de Ourense
Estudantes tralo desaloxo da Biblioteca Nodal de Ourense | Fonte: Martinho Do Minho, @martinhodominho en Twitter

Arredor desta pasada medianoite, os estudantes comezaron a usar en Twitter a etiqueta #PecheOurense para dar a coñecer en tempo real o que alí estaba acontecendo. Foi o mesmo hashtag que xa utilizaron anteriormente para reivindicar o seu dereito de protesta pacífica.

Os estudantes aseguraron ter sido vítimas da "brutalidade policial" durante o desaloxo e denunciaron que foron todos identificados na rúa polos axentes. Falan de "violencia policial inxustificada" e mesmo de "ameazas de morte e agresións" a algúns dos estudantes pechados.

Nun comunicado de urxencia publicado só minutos despois do desaloxo, os Comités Abertos denunciaron a "violencia policial exercida contra o estudantado" e explicaron que "un bo número de axentes policiais procederon a identificar á totalidade de moz@s  pechad@s tras seren sacad@s pola forza chegando, mesmo, a realizar diversas ameazas verbais". 

Vehículos da Policía Nacional antes do desaloxo na Biblioteca Nodal de Ourense / Estudantes tralo desaloxo da Biblioteca Nodal de Ourense / Martinho Do Minho, @martinhodominho en Twitter
Vehículos da Policía Nacional antes do desaloxo na Biblioteca Nodal de Ourense / Estudantes tralo desaloxo da Biblioteca Nodal de Ourense / Martinho Do Minho, @martinhodominho en Twitter
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Opción B

A solución de pedir a Beiras que ordenase aos alumnos desaloxar o peche berrando como un energúmeno non funcionou noutra ocasión.

2 A querida de Fernández.

Manoliño travestido en sra. de Fernandez: pra revolta social a que fan os teus amos oligarcas, agora que o seu lacaio Rajoy rebelase en Chile contra a Merkel pedindolle políticas de crecemento e inversión, van e o queren botar. Xa temos servido un tecnócrata que ninguén votou e que non lle temble o pulso a hora de facer recurtes ao estilo de Grecia ou Italia. Admitense apostas, a miña é Joaquin Alunia.

1 Sra. de Fernández

Moi ben desaloxados. As revoltas sociais e as bibliotecas non se levan nada ben. Non hai revolta auténtica sen pór lume a unha biblioteca, e como a estes parece que lles mola a revolta social, canto mais lonxe das bibliotecas, mellor.

1 Alfonso Diz

Estudantes nas bibliotecas... Soamente lle pode parecer perigoso a un fascista

2 Sra. de Fernández

Estudantes non, manifestantes, e dos que buscan unha revolta social. E como no 31 arderon en Madrid unhas cantas bibliotecas, como no 34 en Oviedo os revolucionarios queimaron a da universidade, a de Dereito, a do Dominicos; como por outra parte temos ben recente a primaveira árabe, que tanto mola, na que se destruiron 160.000 manuscritos e mapas conservados na bibliotecca do Instituto Exipcio, é evidente, salvo para alguén que considere que to'dios é fascista salvo el e mais o seu can, que os manifestantes non fan nada dentro dunha biblioteca e supoñen un perigo para a seguridade dos libros. A seguir roendo.

3 O machaka de Fernández

Manoliño travestido en sra. de Fernández: é que dis do saqueo dos compinches de Ansar das Azores nos museos de Irak ou Libia? lucen con todo descaro agora en museos de Occidente ou nas mansións dos potentados.

4 Éche o que hai

Manoliño, o Corvo Neghro, Manolón e outros fachas do montón.