Protestas polo uso dun contedor de obra como sala COVID en Monterrei

Foi a solución provisional escollida para recuperar a actividade no consultorio de Albarellos. Non convence aos usuarios do centro de saúde da localidade, que seguen a manifestarse.

Por Galicia Confidencial | Monterrei | 02/07/2020 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Un contedor de obra. Esa foi a solución provisional escollida polo Concello de Monterrei para dar resposta as esixencias dos veciños de Albarellos que piden a reapertura do consultorio da localidade. Un contedor que servirá como sala COVID, para atender as urxencias relacionadas co coronaviurs e que é unha das esixencias que a autoridade sanitaria establece para que as instalacións desta poboación recuperen a súa actividade. 

Contedor de obras usado como sala Covid en Monterrei
Contedor de obras usado como sala Covid en Monterrei | Fonte: Diario do Támega

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras dá por válido esta solución tal e como recolle Diario do Támega. "A proposta do Concello de Monterrei de instalar unha estrutura provisional anexa ao consultorio que permita establecer un dobre circuíto foi valorada positivamente dende esta Xerencia", o que permitirá que se reabra o "consultorio garantindo, por enriba de todo, as condicións de seguridade para pacientes e profesionais".

Con todo, como así aseguraron nun comunicado feito público este mércores dende a plataforma de usuarios do centro de saúde de Albarellos, en Monterrei, as protestas non remitirán ata que non "se recuperen uns servizos sanitarios de calidade". "Os usuarios do Centro de Saúde Monterrei-Albarellos denunciamos a incomprensible reforma de dito centro", denuncian.

Así, nun comunicado din que é "unha falta de respecto a todos os usuarios e traballadores a eliminación total da sala de espera, convertindo o centro xa de por sí pequeno nun consultorio deficitario". "Lamentamos que se gastaran 300.000 € nunha reforma e ampliación de todo o edificio, olvidándose do espazo sanitario", critican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta