Pontón promete un sistema público de residencias para que "nunca máis se faga negocio coa vellez"

A candidata nacionalista comprométese a impulsar unha investigación parlamentaria para esclarecer as mortes por covid nestes centros, que en Galicia chegan á metade da conta total.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, comprometeuse a impulsar un servizo público de atención ao benestar, comezando por un sistema de residencias de maiores que arrincaría nas 7 cidades galegas para chegar a abranguer a totalidade da Comunidade galega.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón nunha intervención en Pontevedra
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón nunha intervención en Pontevedra | Fonte: remitida

"Nunca máis negocio coa vellez", proclamou nun acto electoral en Ourense, a piques de chegar ó ecuador da carreira cara as urnas. Nesta visita á cidade das Burgas reuniuse con representantes da asociación REDE, que aglutina a familiares de persoas en residencias de maiores de Galicia.

INVESTIGACIÓN PARLAMENTARIA

Pontón aproveitou o acto para prometer prometer impulsar unha investigación parlamentaria para coñecer "que ocorreu" nas residencias de maiores durante o confinamento e a crise sanitaria se chega á presidencia da Xunta. Paralelamente, chamou a "aprender dos erros" e destacou a importancia de contar cun plan de rebrotes que teña especial atención na situación das residencias de maiores. A candidata nacionalista instou a Feijóo a explicar se conta ou non con tal protocolo. 

OS SINDICATOS PIDEN UN SISTEMA PÚBLICO DE RESIDENCIAS

Os sindicatos UXT, CIG, CC.OO. e CSIF convocaron este xoves un encontro con partidos políticos, ao que acudiron PSdeG, BNG, Galicia en Común-Anova Mareas e Marea Galeguista, para reclamar que nas propostas políticas e nas accións de goberno inclúan un modelo enteiramente público nas residencias e centros de atención dependentes da Consellería de Política Social.

Os traballadores dos centros residenciais de Política Social levan seis semanas protestando cada xoves polas súas condicións laborais e manterán as mobilizacións, avisou Emilio Doforno, de CC.OO., se non reciben respostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta