Feijóo confirma que dá marcha atrás e que "case o 100%" dos centros de día abrirán o 15 de xullo

O presidente da Xunta confirmou o acordo entre a Consellería de Política Social e a Plataforma de Centros de Día de Galicia para abrir os centros mes e medio antes da data imposta pola Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/07/2020 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

Case o 100% dos centros de día poderán abrir a partir do 15 de xullo, mes e medio antes da data fixada pola Xunta. E iso, que tanto a Consellería de Política Social, como o propio presidente galego insistiron unha e outra vez que non ía ser ata setembro. Con todo, a presión de entidades sociais, partidos políticos e empresas do sector fixo que Feijóo e a conselleira Fabiola García tiveran que dar marcha atrás.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, felicita a unha usuaria do centro de Volta do Castro no seu centenario.. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, felicita a unha usuaria do centro de Volta do Castro no seu centenario.. XUNTA

A Consellería de Política Social anunciaballe xa este xoves aos membros da Plataforma de Centros de Día de Galicia, que xa poderían abrir algúns destes centros a partir do 15 de xullo tal e como adiantara o GC con información do DdT. "Efectivamente. Abrirán o 15 de xullo. Non sei se o 100% pero sí a maioría dos centros", dixo tras preguntarlle Galicia Confidencial sobre este acordo. Con todo, evitou recoñecer que se trata dunha marcha atrás na súa decisión inicial de mantelos pechados ata setembro.

De feito, o propio Feijóo defendía o pasado luns, no debate da TVG, e este martes nunha entrevista en EP, que os centros de día estarían pechados ata setembro para "protexer aos maiores". Con todo, evitaba hoxe confirmar que deu marcha atrás neste punto e suliñou que esta reapertura se fará porque "hai moitas medidas de seguridade".

Así, lembrou que todos os centros terán que presetnar ante a autoridade sanitaria (as respectivas xerencias sanitarias) o plan de reactivación que esixían, ademais de acreditar que recibiron a formación e que fixeron acopio do material para manter as medidas de hixiene.

En todo caso, Feijóo suliñou que os centros se comprometeron a "minimizar ao máximo os riscos" e a facer un "circuíto de apertura". "Non abrirán o 100% das prazas. Primeiro será o 50 ou 60% do seu aforo porque as persoas que tratan son as de maior vulnerabilidade", salientou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta