A Deputación da Coruña confía en que o xuízo do Pazo de Meirás poña fin ao "espolio do franquismo"

O xuízo comezará o luns coa declaración de sete testemuñas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/07/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación da Coruña, o nacionalista Xosé Regueira, mostrouse confiado en que o xuízo sobre a propiedade do Pazo de Meirás --no que o Estado reclama a súa devolución-- poña fin ao "espolio do franquismo".

Pazo de Meirás (Sada
Pazo de Meirás (Sada | Fonte: Europa Press.

Regueira reivindica o labor da institución provincial no últimos catro anos "para avanzar no proceso de recuperación do Pazo de Meirás como ben público" e destaca a creación do Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, así como o informe xurídico que encargou e do que afirma "abriu unha vía sólida para reclamar o inmoble".

Do xuízo, que se prolongará durante toda a semana e que comezará o luns coa declaración de sete testemuñas, indica que espera sexa "o último paso" pra recuperar o inmoble como "ben público".

Para logralo, subliña achegas documentais como o informe xurídico que encargou o Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás e que, segundo o deputado provincial, "abriu as portas á liña argumental para asentar unha base sólida de reclamación" do citado inmoble.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta