Temas: INDUSTRIA

Galicia será "unha das primeiras comunidades" en dotarse dun censo de chan empresarial global

Será "obrigatoria" a inscrición no censo de todas as ásreas empresariais existentes en Galicia que teñan parcelas dispoñibles para a súa comercialización.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/07/2020 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu este xoves, na súa reunión semanal, o visto e prace ao contido do decreto que regulará o primeiro Censo de chan empresarial de Galicia, que agora se envía ao Consello Consultivo de Galicia para o seu ditame, co fin de dar os últimos pasos previos á súa aprobación definitiva.

Polígono industrial
Polígono industrial

Segundo explicou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, Galicia será "unha das primeiras" autonomías en dispor dun censo de chan empresarial global "exhaustivo e actualizado" para facilitar ás empresas que elixan Galicia para o seu desenvolvemento información sobre as posibilidades de asentamento.

Feijóo incidiu en que se trata de pór a disposición do tecido empresarial ferramentas coas que coñecer ao detalle e de maneira pormenorizada o chan empresarial dispoñible, con independencia de quen sexa o promotor do mesmo, así como o grao de ocupación das áreas empresariais existentes na Comunidade.

En definitiva, esta información permitirá ás empresas ter un mellor coñecemento da oferta real de chan empresarial en Galicia para a planificación dos seus investimentos.

Feijóo remarcou que será "obrigatoria" a inscrición no censo de todas as ásreas empresariais existentes en Galicia que teñan parcelas dispoñibles para a súa comercialización, así como das áreas previstas para o seu "inmediato desenvolvemento, con independencia de que sexan propiedade de persoas físicas ou xurídicas.

Temas: INDUSTRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta