Os efectos da covid en Galicia: cae ata a matriculación de barcos de recreo

O rexistro de novos botes descende un 10% só en xaneiro e febreiro. Dende o sector esperan que a "seguridade" dunhas vacacións "no medio do mar" levante as vendas logo de tres meses negros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a matriculación de 181 embarcacións de recreo no primeiro semestre do ano, o que supón un descenso do 10% respecto ao mesmo período de 2019, segundo datos do Informe do mercado de embarcacións de recreo editado pola Asociación Nacional de Empresas Naúticas (ANEN) a partir da información facilitada pola Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Por provincias, A Coruña lidera a caída en Galicia ata quedar en 50 matriculacións --eran 81 un ano antes--, mentres en Lugo baixan á metade e quedan en cinco. En cambio soben en Pontevedra ata 121 --17 máis-- e en Ourense ata cinco --unha máis.

Iate Tarsis 20. TARSIS ESTALEIROS - Arquivo
Iate Tarsis 20. TARSIS ESTALEIROS - Arquivo | Fonte: Europa Press

DATOS DO ESTADO

A caída rexistrada na comunidade galega queda pequena o lado do esborrallamento rexistrado no conxunto do Estado, cifrado no 28'7% no mesmo período, case o triplo que o caso galego. O descenso das vendas, porén, é moito máis acusado nos meses do confinamento, que arroxaron caídas do 77% e do 54,16%, respectivamente.

Dende o sector agardan que a lixeira suba de xuño -que recolle un incremento do 6'35% en relación ó mesmo mes do ano pasado- se vexa continuada ao longo do verán. "Os turistas nacionais buscan este ano gozar dunhas vacacións seguras, e que mellor espazo que un barco no medio do mar", explicou Carlos Sanlorenzo, secretario xeral de ANEN.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta