Aberto o prazo para participar como profesor-lector en universidades españolas e internacionais

Hai seis prazas para çREino Unido, irlanda, Alemaña, Portugal, Barcelona e Euskadi.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A Xunta abriu o prazo para participar nunha do seis prazas de profesor-lector de lingua, literatura e cultura galegas que se ofertan noutras tantas universidades españolas e internacionais.

En concreto, trátase dunha convocatoria pública de prazas para o ano 2020 pola que renova os lectorados nos centros das universidades de Bangor (Reino Unido), Autónoma de Barcelona, Cork (Irlanda), Kiel (Alemaña), Miño (Portugal) e Deusto, todas eles dependentes da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos.

Os interesados nesta nova convocatoria poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo 3 de agosto, a través da sede electrónica da Xunta.

Entre outros requisitos, as persoas interesadas en concorrer a este seis prazas deben estar en posesión do título de Licenciatura en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego, ou dos graos en Lingua e Literatura Galegas, en Estudos de Galego e Español ou en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios. Requírese tamén ter unha idade máxima de 35 anos na data de final do prazo de presentación de solicitudes.

Presentación dos cursos de lingua e literatura galegas 'Galego sen fronteiras'. REAL ACADEMIA GALEGA
Presentación dos cursos de lingua e literatura galegas 'Galego sen fronteiras'. REAL ACADEMIA GALEGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta