Pontón promete "desconfinar" a cultura galega tras once anos de "destrución"

Garante que a CRTVG e o Xacobeo serán "escaparate" para os creadores culturais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, prometeu "desconfinar" a cultura galega despois de padecer, dixo, once anos de "destrución" por parte da Xunta. "A cultura do país necesita unha oportunidade para empezar a reconstruírse", defendeu nun acto con representantes da cultura na Coruña.

Pontón garante que, se gaña as eleccións, a CRTVG será un "o mellor escaparate" para os creadores galegos e denunciou que nos últimos anos deulle "as costas" á cultura e "excluíu" a moitos dos seus maiores expoñentes. Tamén avogou por converter o Xacobeo nunha "oportunidade" para o sector e criticou que nos anteriores fose "unha anécdota".

A líder do BNG, durante a súa intervención no xardín de San Carlos, comprometeuse a crear unha Consellería de Cultura "estratéxica" e que non sexa, criticou, "un apéndice". Tamén prometeu elaborar nos primeiros cen días de goberno un plan que aborde as "urxencias" da cultura galega. E é que, apuntou, o confinamento supuxo un "retroceso" deste sector.

Ante representantes do sector cultural, Pontón tamén prometeu defender a lingua tras "once anos de demolición" derrogando o "decreto da vergoña". A líder do BNG pretende que os galegos estean "orgullosos" da súa lingua e poder reverter que a galega sexa a única, lamentou, "en retroceso na península".

SECTOR CHAVE

Neste acto, o candidato pola Coruña Xosé Luís Rivas garantiu que o BNG defenderá a cultura como "sector chave" e que a respectará "a súa liberdade". Rivas acusou a Xunta de converter á TVG nun "produto alienante" e denunciou que a cultura "molesta ao poder" porque, dixo, "reflicte a crítica da realidade social".

O número tres da lista pola Coruña, Mercedes Queixas, abriu o acto facéndose eco dun estudo do Observatorio da Cultura Galega que marca a cultura como o sector "máis afectado" pola pandemia e engadiu, nun símil sanitario, que o sector xa sufría "patoloxías previas".

A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, mantén un encontro co sector cultural. BNG
A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, mantén un encontro co sector cultural. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 nostrus

Ana Ponton no sabe que tratar de imponer una cultura sea esta cual sea atenta contra los DDHH, ya que estos dicen que los ciudadanos pueden participar en una cultura de modo "voluntario". No hay nada mas fascista ni mas antiprogresista que estarcarse y fanatizarse en una cultura, ya que las culturas evolucionan y aprenden unas de otras y la cultura que se encierra en si misma es la primera que corre el riesgo de desaparecer. Y fascista porque a la gente hay que dejarle que haga con su vida lo que le de la gana ¿acaso una persona tiene que ir a misa porque en su pueblo todos los vecinos vayan a misa?, ¿acaso los gallegos tienen la obligacion de votar al PP porque sea muy tipico en Galicia?

1 Xabrega

Que ti fales de fascismo e antiprogresismo é o millor reflexo de que Galiza precisa dunha presidenta como Ana Pontón... Vaite mentalizando.