Comeza a formación sobre medidas sanitarias para os profesionais de tempo libre

É gratuíto e en liña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Xunta comezou este venres os cursos de formación destinados a profesionais do tempo libre para a adaptación á nova situación post COVID-19.

A través desta acción formativa gratuíta e en liña ofrécense coñecementos básicos para que as persoas que traballan no ámbito do tempo libre poidan coñecer e aplicar correctamente as medidas hixiénico-sanitarias vixentes, ofrecer as pautas necesarias que lles permitan adaptar as actividades ao novo escenario, así como coñecer o protocolo que fai falta seguir ante un posible caso de COVID-19.

Esta primeira edición contou cun total de 500 prazas, explicou a Xunta, que se esgotaron nun só día. Ante o gran número de solicitudes, o Goberno galego porá en marcha unha nova convocatoria sen límite de prazas o vindeiro martes, 7 de xullo. A duración da formación será de dez horas e estará aberta a todas as persoas profesionais ou voluntarias que traballen directamente nas actividades de tempo libre, así como a todas aquelas persoas que formen parte de organizacións e entidades que organicen accións deste tipo en Galicia.

O curso terá como base o documento de recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, lecer educativo e tempo libre para a súa adaptación á situación provocada pola COVID-19, que foi elaborado pola Dirección Xeral de Xuventude, en colaboración cun grupo de traballo plural de representantes do sector, e visado polas autoridades sanitarias.

A Fundación María José Jove abre a inscrición para un campamento de verán dedicado ao mundo dos inventos. FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
A Fundación María José Jove abre a inscrición para un campamento de verán dedicado ao mundo dos inventos. FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta