Centenares de persoas reciben a Abascal ao berro de "fascista" na Coruña

Abascal erixe a Vox como o partido do "sentido común", que pode acabar coa "lei do silencio" no Parlamento.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/07/2020 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia

O presidente de Vox, Santiago Abascal, reivindicou esta formación como o partido do "sentido común" que quere "romper a lei do silencio" no Parlamento galego, para o que pediu lograr nesta autonomía os resultados de Andalucía ou a nivel estatal.

"Galicia ten a oportunidade que non deixaron pasar os andaluces nin o conxunto dos españois, como a teñen os vascos", dixo nun mitin celebrado no exterior do Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) coa asistencia dunhas 300 persoas. No exterior, centenares de persoas protestaron contra as súas políticas.

Nel, anunciou tamén a creación dun sindicato "que protexa os traballadores e que estea ao servizo dos españois e non dos partidos". "Nin ao servizo da esquerda nin de intereses globalistas", apostilou. "Estamos ameazados por un virus chinés e a acción dun Goberno criminal e os sindicatos están calados, negociando co poder o desmantelamento da nosa industria". Por todo iso, avanzou que "pronto" haberá en España un sindicato "que non se arrollidará ante os poderosos" e que será "sufragado polos seus afiliados".

Na súa intervención, como fixo tamén no seu mitin en Lugo, arremeteu contra as persoas --case dous centenares-- que fóra da zona do mitin se concentraron para expresar o seu rexeitamento aos "fascistas". "Aquí os patriotas --expuxo sobre os asistentes ao seu mitin-- e detrás a chusma totalitaria, os fillos de Pablo Iglesias e de Beiras", engadiu sobre os concentrados.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña. M. Dylan - Europa Press
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

"Deberían ser expulsados a pelotazos, detidos e identificados", expuxo tamén criticando que por parte do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, non se ordenou "cargas" contra o que definiu como "unha manda de totalitarios delincuentes".

FACER "HISTORIA" NESTAS ELECCIÓNS

Nun discurso no que criticou os colectivos feministas e ecoloxistas, así como a uns "sindicatos inútiles", insistiu en que confía en que Vox faga "historia" tanto nas eleccións galegas como nas vascas.

Ao fío diso, asegurou que o seu obxectivo é "manter vixiado a Feijóo". Do candidato popular á Presidencia da Xunta, manifestou tamén que pretenden "vixiar as súas derivas e tentacións". "Ten un ollo esquerdo e outro que mira aos nacionalistas, as tentacións que ten Feijóo e que Vox vai combater".

Por outra banda, insistiu en que a formación que lidera "é o único partido que desafiou á ditadura progre", o que, segundo expuxo, "non fixeron Feijóo nin Rajoy". "Están nerviosos, teñen medo", dixo apelando tamén ao voto a Vox e insistindo na necesidade de "confrontar hoxe máis que nunca proxectos". "Acúsannos de crispación, claro que non imos estar calados, se defender as nosas ideas é crispar que o teñan claro", engadiu, expondo que seguirán facéndoo.

E é que, para Abascal, nestas eleccións hai que decidir entre "a tolemia esquerdista" ou o "sentido común", no que situou ao seu partido. "Ou o nacionalismo paleto dos bloqueiros ou a unidade nacional que defenderon os galegos", aseverou tamén.

Pola súa banda, a cabeza de lista da formación pola Coruña, Ricardo Morado, criticou o "consenso progre" e aos "nacionalistas sectarios", dos que dixo que "utilizan a Correos para que non cheguen" as súas papeletas "a casa". "O noso voto vale para moito, ao contrario do que di o señor Feijóo", apostilou tamén.

"FÓRA O FASCISMO DOS NOSOS BARRIOS"

Fóra do recinto de Palexco, concentráronse case dous centenares de persoas cunha pancarta co lema 'Contra o fascismo. Nin un paso atrás'. Ante un amplo despregamento policial, corearon proclamas como 'Fóra o fascismo dos nosos barrios'.

Os asistentes ao mitin de Abascal respondéronlles 'eu son español' e coreando 'España', con insultos nalgún caso aos asistentes, que foron convocados por redes sociais a unha concentración, que se iniciou media hora antes do mitin.

As súas voces fixéronas soar, por momentos, durante as intervencións do candidato provincial de Vox e de AbascalA protesta desenvolveuse sen incidentes, aínda que, ao final de todo, houbo, segundo testemuñas presenciais, unha pequena carga policial despois de que uns seguidores de Vox se achegaran a gravar aos asistentes, o que provocou a resposta destes. Nese momento produciuse a intervención dos axentes presentes e un intercambio de insultos, con lanzamento dalgunha bengala, pero sen que fose a máis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 Ana

Democratas, antifascistas, feministas, inmigrantes e colectivo gay, defensores da lingua galega, persoas contrarias as vacunas obrigatorias, defensores dos servizos publicos e pensions publicas, antitaurinos, laicos, autonomistas, federalistas e nacionalistas... todos a votar. E lembrade que o voto que lle doe a ultradereita e o voto ao BNG. A peor noticia para a ultradereita seria unha muller presidenta e ademais nacionalista.

1 José

Qué terán que ver as persoas anti-vacinas obrigatorias co BNG, a ver, faga o favor de aclaralo

2 Sentidiño

E as persoas racionais que non acreditan nas pseudociencias, a votar tamén! 😉

3 Alienao

E os replicantes, a votar carallo!

4 Alienao

E os replicantes, tamén. A votar, carallo!