Sanidade di que os positivos por COVID-19 non poderán ir votar o 12 de xullo

Os contactos estreitos que estean en corentena si o poderán facer tomando medidas de precaución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2020 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sinalou este domingo que as persoas que desen positivo por coronavirus non poderán ir votar nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, mentres que os contactos estreitos que estean en corentena si o poderán facer tomando medidas de precaución.

Nunha rolda de prensa na que anunciou o peche do distrito sanitario da Mariña durante cinco días a causa do brote de COVID-19 rexistrado na zona, que acumula 106 positivos, Almuiña destacou que os contactos son "persoas sas" que estiveron con algún positivo e ás que se lles fai un seguimento para ver se desenvolven síntomas. Han de permanecer illadas durante ese período.

"Esas persoas poden votar. Un contacto, evidentemente, pode votar", expuxo o conselleiro, que lembrou que o voto é "un dereito fundamental". "Pode, con máscara, ir ao colexio e volver a casa a continuar a corentena", concretou. "Un positivo non pode", dixo a continuación e sinalou que estes casos poderán ir ás urnas se superan o seu período de confinamento.

No caso de que alguén teña síntomas pero estea pendente do resultado da proba para comprobar se ten COVID-19, terá a consideración de "positivo" a efectos das restricións que se lle aplican.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.. XUNTA | Fonte: XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Bai

Menuda lumbrera o conselleiro este. Que ghrande lle queda todo, ata os do PP se rin...

2 Conavirus

normal ... e o seguinte passo será que quem nom estea vacinado contra o conavirus nom vai poder entrar no bus, num cinema, atopar um emprego ... mais vam a modinho, pra que a gente nom se decate ...

1 Gamela

E os confinados poderán votar a calquera partido ou só son válidos os que voten ao Sergas-PP ?